A Real Confraría das Cebolas de Castelo da Maia, en Portugal, participará en Xantar 2018 e, en concreto, no 14º Encontro Internacional de Confradías Gastronómicas e Enófilas que se celebrará en Expourense o xoves 1 de febreiro.

 

Así llo confirmaron á dirección de Expourense os directivos desta confraría durante o encontro entre ambas entidades que tivo lugar na presentación das X Fins de Semana Gastronómicas celebrado hai unas semanas en Gaia e que foi un acto organizado pola Entidade de Turismo Porto e Norte.
Esta confradía defende o bo uso e a promoción da cebola na gastronomía. Participou na presentación das fines de semanas en colaboración coa agrupación de Escolas do Castêlo da Maia e Turismo da Maia e ofreceron a degustación da súa “Bola de Cebola”.
Son unha confradía moi activa. Pódese seguir a súa actividade a través da súa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/confrariadascebolas/ 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment