Celebrarase o xoves 1 de febreiro de 2018 e pretende repetir o éxito da edición anterior

 

Xa se abriu o prazo de inscrición para o Encontro Internacional de de Confrarías Gastronómicas e Enófilas que este ano cumprirá a súa 14ª edición en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará en Expourense entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro. Como sempre, esta cita terá lugar o xoves do salón, é dicir, o 1 de febreiro de 2018.
Este encontro, que reunirá a agrupacións de España, Portugal e Francia principalmente volverá ofrecer un amplo programa de actividades entre os que se atopa o xa tradicional desfile polo casco antigo da cidade seguido dunha recepción oficial no concello.
Así mesmo presentaranse as novas confrarías e confrades, e renderáselles homenaxe aos supercofrades. Os gremios participantes poderán degustar a gastronomía de todas as rexións presentes no salón.
Xoves 1 de febreiro:
1:00 h. Recibimento das confrarías e acreditación dos confrades en Expourense.
11:30 h. Recepción oficial por parte das autoridades.
11:45 h. Presentación individual das confrarías (e do seu próximo capítulo se procede). Colocación de estandarte en zona privilexiada.
12:30 h. Animación musical en honra das confrarías.
12:45 h. Visita guiada á feira con asistencia a aulas gastronómicas (showcookings), catas, túnel do viño, túnel do queixo e/ou degustacións.
13:00 h. Acto central do día de Xantar: con presenza de quen estime oportuno asistir. Intervención dun representante das confrarías de España e outro das de Portugal.
14:00 h. Recollida de estandartes e desfile polo evento ata o restaurante onde terá lugar a comida de confraternización. Colocación de estandartes.
14:30 h.  Comida con queimada ao finalizar.
16:30 h. Mesa de debate sobre a influencia das confrarías gastronómicas e enófilas na posta en valor do turismo gastronómico.
17:30 h. Entrega de placas conmemorativas do Encontro.
18:00 h. Clausura do Encontro.
21:00 h. Cea nun dos restaurantes do salón.
 Venres 2 de febreiro 
10:30 h. Saída cara á vila de Allariz (Ourense).
11:00 h. Visita ao centro histórico e á zona Outlet de Allariz.
12:30 h. Saída cara a Verín (Eurociade Verín-Chaves).
13.00 h. Visita ao Castelo de Monterrei (Verín).
14.00 h. Xantar en Verín.
16.00 h. Ruta Termal e da auga na Eurocidade Verín-Chaves. Nomeamento de Embaixadores da Eurocidade.
17.30 h. Saída cara a Ourense.
19.30 h. Saída desde os hoteis cara a XANTAR.
20:00 h. Asistencia ao Capítulo Extraordinario da Fundación Luso Galaica e ao Capítulo Extraordinario de “A Real Confraría dos Pratos de Ouro”.
21:30 h. Cea nun dos restaurantes do evento.
Sábado 3 de febreiro 
Regreso aos lugares de orixe.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment