Esta cámara municipal portuguesa participará cun stand e cun completo programa de actividades

 

Despois de acudir como expositor en anteriores edicións, a Cámara Municipal de Esposende, pertencente á rexión Porto e Norte de Portugal, reforzará a súa presenza na próxima edición de Xantar, na que Portugal será o País Convidado, organizando un completo programa de actividades que servirán para situar a esta poboación como destino de proximidade de calidade grazas á promoción da súa excelente oferta gastronómica, un factor diferenciador da súa oferta turística, baseada, sobre todo, en peixes, mariscos, viños, lácteos e repostería.
Esposende, espazo de excelencia ambiental, é o resultado da feliz  combinación de lecer e pracer. As leves ondas do terreo incentivan a mobilidade suave e o aroma a mar convida a probar o marisco e o peixe fresco. Fronte ao mar do Minho profundo, Esposende conxuga, cal fervenza, o sabor tradicional dos seus “vinhos verdes” con amargor a froitos silvestres ou máis secos.
Entre os atractivos gastronómicos que Esposende ten para ofrecer, destaca o seu “Polbo à Esposende”, aínda que a diversidade da gastronomía portuguesa continúa afirmándose como diferente e diferenciadora ante os turistas que nos visitan.
A Cámara Municipal de Esposende, pertencendo á gran rexión demarcada dos Vinhos Verdes, conta con marcas deste precioso néctar con prestixio solidificado, así como na arte da pastelería e repostería rexionais, coas súas “Clarinhas” e “Folhadinhos” que simbolizan un verdadeiro marco identitario da poboación local.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment