O concello de Burela ofrecerá no seu stand degustacións diarias de bonito en conserva

O concello de Burela participará un ano máis en Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Ourense entre o 31 de xaneiro e o 4 de febrero. Ademais de promocionarse como fermosa vila mariñeira da Mariña Lucense, Burela ofrecerá degustacións diarias do rei da súa gastronomía, o bonito. Neste caso, será de degustación de bonito en conserva.
Durante a súa participación na última edición, o edil de Turismo de Burela Ramiro Fernández Rey explicou que “este tipo de feiras son unha boa oportunidade para facer promoción turística e para poñer en valor os nosos productos pesqueiros”. O concelleiro burelés entende que “na estratexia turística de Burela os visitantes galegos, e máis concretamente os da zona de Ourense poden ser un bo referente para o turismo de Burela, xa que é unha provincia interior e os datos confirman que no verán buscan zonas de costa onde pasar as súas vacacións. Por este motivo entendemos que esta Feira é unha boa oportunidade de darse a coñecer”.
Burela poderá ademais promocionar a 34ª edición da súa Feira do Bonito, descarada de Interese Turístico Galego.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment