O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra segue a ser fiel a Xantar e xa confirmou a súa participación un ano máis no Salón Internacional de Turismo para promocionarse como destino enogastronómico por excelencia e para dar a coñecer as distintas iniciativas que están a promover neste territorio candidato a converterse en Patrimonio da Humanidade.

Ubicado entre as provincias de Ourense e Lugo, este consorcio xestiona a actividade turística da Ribeira Sacra creando paquetes e ofertas especializadas e únicas que permiten ó visitante gozar da natureza e a paisaxe complementados con excelente gastronomía e os viños da Denominación de Orixe que leva o mesmo nome.
Ademais de participar agrupados no Consorcio, varios concellos deste destino estratéxico de Galicia participarán de xeito individualizado para promocionar os seus recursos turísticos e gastronómicos como é o caso dos concellos de Sober ou Parada de Sil, entre outros.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment