O concello ourensán volverá participar cun restaurante no que promocionar a súa gastronomía e viños

Gozar da Ribeira Sacra en estado puro. Esta é unha das principais bazas do concello ourensán de Parada de Sil para promocionarse como destino enogastronómico de calidad onde á súa excelente gastronomía se une ademais un patrimonio histórico e natural únicos.
A súa alcaldesa, Yolanda Jácome, ven de confirmar un ano máis a presenza de Parada de Sil en Xantar, non só cun stand promocional senón tamén a través dun restaurante que contribúa a ofrecer unha mostra de todo o que se vai poder descubrir e saborear despois in situ.
Parada de Sil, é un concello pequeno, rural, apartado de grandes cidades con valores patrimoniais moi destacados, incluído na marca Ribeira Sacra, que máis pronto que tarde, será Patrimonio da Humanidade.
Hai xa dez anos, dende o concello, propuxéronse converter a chegada de visitantes ó noso concello nun motor económico, xunto coa castaña o viño e en menor medida a gandeiría. A declaración  pola Xunta de Galicia como Concello de Interese Turístico, ratifica a aposta.
A paisaxe é  unha valor constante e estacionalmente diferente. Paisaxe de bancales onde as uvas maduran ó ritmo da terra e o sol, e o viño faise a modiño, levando a impronta do tempo. Bosque de castiñeiros centenarios que coidan e potencian organizando  festas ó redor deste produto como o  magosto tradicional  e dende hai seis anos a festa da “pisa da castaña” de  alto valor etnográfico.
Seguen a ser os centros nodais  as visitas o  Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil, xoia románica da Ribeira Sacra agora implementado cun centro de recepción de visitantes construido en arquitectura “en cova” e os Balcóns de Madrid. Compleméntase con esto a Fábrica da Luz e a pasarela do Río Mao, na que a natureza abraza a quen a percorre ou as tumbas antropomorfas de San Victor de Barxacova, a máis grande necrópole do noroeste peninsular.
En Parada de Sil, os visitantes poderán coñecer a Casa Museo do Chocolate, en Teimende, a día de hoxe o único museo do chocolate en Galicia. Ole a chocolate e a memoria. Percorrer o PR-G98 e o PR-G177 no que se incorporan códigos QR e antenas FNC  ou optar por a cómoda e etnográfica ruta de Castiñeiros e Carriozas é un pracer para os sentidos.
Con concellos limítrofes levan a cabo un proxecto de posta en valor da xeoloxía, con folletos divulgativos e paneis que nos permiten escoitar mellor o vello Río Sil acomodado no seu cañón, coa súa experiencia e o xove Río Mao coa súa rebeldía.
Os visitantes poden gozar ademais dunhas magníficas rutas de sendeirismo: o PR-G98 e o PR-G177 no que se incorporan códigos QR e antenas FNC.  Compartindo con elas a cómoda e etnográfica ruta de Castiñeiros e Carriozas.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment