A décimo novena edición de Xantar, que terá lugar en Expourense entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2018, xa abriu o prazo de inscrición para o oitavo Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal.

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico inaugurará o calendario das máis de 300 festas gastronómicas celebradas ao ano en Galicia, prestando especial atención ao entroido e tamén a aquelas declaradas de Interese Turístico.
Ao concurso de carteis poderanse presentar os autores dos carteis, concellos ou comisións de festas, sempre que o cartel sexa a imaxe oficial dunha fiiesta gastronómica celebrada en Galicia desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data do fallo ou edición correspondente á do ano corrente 2018.
O obxectivo do concurso é poñer en valor o contido artístico e publicitario das imaxes promocionais dos eventos gastronómicos, así como facer unha recompilación de arquivo destas imaxes, co fin de actualizar a información existente sobre as festas culinarias galegas.
Durante a celebración de Xantar 2018 realizarase unha exposición de ?Carteis das Festas Gastronómicas Galegas e Portuguesas? que recollerá os exemplares participantes neste concurso. Os participantes poden entregar os carteis ata as 14.00 horas do luns 22 de xaneiro de 2018.
Os premios entregaranse durante a celebración de Xantar, no recinto feiral de Expourense, entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2018.
Ademais da organización deste concurso, a promoción das festas gastronómicas en Xantar está presente a través dos menús dos restaurantes e das casetas de concellos ou institucións que promocionan a súa propia festa. Tamén a través das degustacións gratuítas organizadas polos expositores e dos talleres impartidos por recoñecidos chefs.
Coa organización deste concurso, reivindícase un dos motivos que deu lugar ao nacemento do salón: promover o turismo de Galicia a través dun dos seus principais atractivos, a gastronomía e, ao mesmo tempo, reunir unha ampla representación e dar saída ás máis de 300 festividades gastronómicas que converten a Galicia nun dos pobos que máis venera aos manxares do mar e da terra.
Os gañadores da pasada edición foron:
1º premio: Sabores de Felgueiras da Cámara Municipal de Felgueiras (Portugal).
2º premio: Festa da Langosta de A Guarda do Concello de A Guarda.
3º premio: Carballo por etapas do Concello de Carballo.
Accesit: Festa da Bica de Trives.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment