O Paquete inclúe o aloxamento en habitación dobre con almorzo en hotel 4 estrelas, acceso á feira e as súas actividades e comida ou cea nun dos seus 15 restaurantes

Inclúe tres opcións de estancia e é válido desde o 31 de xaneiro ata o 4 de febreiro

Xantar 2018 en colaboración coa axencia de viaxes Sente Galicia, lanzou unha nova edición do seu Paquete SIENTE GALICIA que ten o obxectivo de convidar calquera persoa Galicia, España e Portugal a achegarse ata Ourense para gozar dunha estancia gastrónomico-termal.
Este “Paquete Siente Galicia” inclúe a estancia en habitación dobre con almorzo buffet nun dos tres hoteis dispoñibles: Hotel Carris Cardeal Quevedo **** en Ourense,  Hotel NH Ourense **** en Ourense, ou OCA Vila de Allariz Hotel&Spa **** en Allariz. Tamén se inclúe a entrada á feira e o acceso a áreas como o Túnel do Viño, degustacións e catas comentadas, ou os talleres dicáticos. Ademáis, a comida ou a cea será nun dos restaurantes de Xantar con calquera dos menús dispoñibles a elixir. Todo isto a partir de 74 euros segundo o hotel elixido. Este paquete pódese reservar xa a través da web www.sientegalicia.com ou a través de www.xantar.org.
A posta en marcha destes paquetes responden o obxectivo fundamental de fomentar o turismo interno e de proximidade en Galicia estimulando ao público final para establecer vínculos entre Ourense, servindo ao mesmo tempo para reforzar o turismo a través da gastronomía.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment