O Paquete Tren inclúe a viaxe en tren AVANT desde A Coruña ou Santiago, visita guiada polas termas con baño opcional e polo centro histórico e xantar nun restaurante do salón

O custo é de 65 euros desde A Coruña e 55 desde Santiago de Compostela,e é válido para o sábado 3 ou o domingo 4 de febreiro

 

Xantar 2018 lanza unha nova edición do seu Paquete Tren AVANT que ten o obxectivo de convidar os habitantes da provincia da Coruña a achegarse ata Ourense para gozar dunha xornada gastrónomico-termal durante o sábado 3 e o domingo 4 de febreiro.
Este Paquete Tren inclúe viaxe de ida e volta no AVANT ata Ourense desde A Coruña ou desde Santiago, recollida na estación, visita guiada á ribeira termal do Miño con baño opcional, entrada ao recinto de Expourense, comida nun dos restaurantes de Xantar, participación nas distintas actividades do salón, visita ás Burgas e ao centro histórico de Ourense e traslado ata a estación para o regreso á cidade de orixe. Todo isto por 65 euros desde A Coruña ou por 55 desde Santiago. Este paquete pódese reservar a través da web www.xantar.org ou do tfno. 988 36 60 30.
A posta en marcha destes paquetes responden o obxectivo fundamental de fomentar o turismo interno e de proximidade en Galicia estimulando ao público final para establecer vínculos entre Ourense e as dúas cidades, servindo ao mesmo tempo para reforzar o turismo a través da gastronomía.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment