O vindeiro martes 31 de outubro , a Biblioteca Pública Municipal de Vila Nova de Gaia acollerá a presentación do folleto da décima edición dos Fins de semana Gastronómicos. Este acto estará presidido por Melchior Moreira, presidente da Entidade de Turismo Porto e Norte, e por Alejandro Rubín, director de Xantar, que aproveitará para promocionar ante os medios portugueses a nova edición do salón no que o país luso será o País Invitado.

Trátase dunha iniciativa que chega á súa décima edición e que se celebrará cada fin de semana entre o 3 de novembro e o 27 de maio. Nela participan numerosos municipios portugueses e un milleiro de restaurantes. Para explicar esta actividade, a entidade Turismo Porto e Norte de Portugal lanzará un folleto que ademais de explicar os restaurantes participantes e as datas da súa celebración, tamén explica diversas receitas típicas do país veciño e as condicións especiais de aloxamento e de accesibilidade para persoas de mobilidade reducida. O obxectivo é tratar de chamar a atención de todos os veciños próximos a ?raia? para que aproveiten un fin de semana desde agora e ata maio para degustar a gastronomía típica de Portugal a un prezo moi asumible.

Os Fins de semana Gastronómicos de Porto e Norte de Portugal representan un dos actos que máis dinámica provoca no mercado de proximidade. A adhesión dos socios públicos e privados aumentou cada edición nunha clara resposta á procura crecente dun destino que ten na súa gastronomía e viños un potencial fantástico. Son 28 fins de semana que permiten consolidar unha oferta que fixa o interese dos turistas, aumentando a súa permanencia no territorio e o seu regreso máis asiduo.
Para máis información sobre esta iniciativa consultar www.portoenorte.pt

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

limpiar formularioPost comment