Xantar 2021 quere servir de reencontro para os profesionais da enogastronomía e do turismo

 

>> A 22ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celébrase en Expourense entre o 3 e o 7 de novembro e estará centrado na promoción da “Gastronomía dos Camiños”

>> O evento reinventase e reduce o número de restaurantes e de aulas de cociña en directo para poder ampliar os espazos e ofrecer ao visitante unha experiencia segura

>> Contará con 160 expositores de 4 países, 8 restaurantes e programa con máis de 100 actividades

Ourense, 27/10/2021.- Xantar 2021 chega co obxetivo de convertirse no punto de reencontro, tras a pandemia dos profesionais do turismo, a hostelería e a gastronomía. A 22ª edición de Xantar, única Feira Internacional de Turismo Gastronómico acreditada polo Goberno de España, trasládase ao segundo semestre do ano, celébrase en Expourense entre o 3 e o 7 de novembro e estará especialmente centrada na “Gastronomía dos Camiños”.

Xantar 2021 foi presentado esta mañá na roda de prensa nun acto no que participaron o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense e o Presidente do Comité Executivo de Expourense, Gabriel Alén; o vicepresidente da Deputación de Ourense e Presidente do INORDE, Rosendo Fernández; a Concelleira de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, Flora Moure, e o Director Xerente de Expourense e Director de Xantar, Rogelio Martínez.

Expourense convertirase durante a próxima semana no epicentro do turismo enogastronómico peninsular reunindo a 160 expositores con 4 países representados (España, Portugal, Perú e Panamá). Contará ademáis con 8 restaurantes e 2 aulas gastronómicas, 1 de catas comentadas e 1 área de degustación. Estos datos son inferiores aos de outras edicións e están derivados do feito de que o salón tivo que reinventarse para ofrecerlle aos visitantes unha experiencia segura. Isto trouxo consigo a planificación dunha feira con restaurantes máis amplos, aulas máis grandes e pasillos máis anchos para garantir así a distancia de seguridade entre comensais ou asistentes as actividades.

A presencia en feira de tres deputacións provinciais de Galicia (Ourense, Lugo e A Coruña); a de varios xeodestinos (Ribeiro-Carballiño, Manzaneda-Trevinca-Valdeorras, Terras de Celanova- Baixa Limia); grupos de desenvolvemento Local (GDR 12 Ribeiro-Carballiño, ADR Pontevedra Norte) ou mancomunidades turísticas (Municipios del Camino Francés o Barbanza Arousa) leva a que prácticamente toda Galicia esté representada nesta edición.

MÁIS DE 100 EXPERIENCIAS ENOGASTRONÓMICAS

No que respecta ás actividades, Xantar reunirá a reconocidos chefs de 4 países (España, Portugal, Costa Rica e Perú) que impartirán obradoiros de cociña en directo enmarcados no XVI Encuentro Internacional de Gastronomía Saudable e Sostible que ofrecerá ao público máis de 100 experiencias entre showcookings, catas comentadas, presentacións e degustacións incluídas no “XVI Encontro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable”. En total, impartiranse 60 obradoiros de cociña en directo, unha veintena de catas comentadas (viños, meles, conservas de pescado e marisco, queixos, augardentes e licores) e outra veintena de degustacións de productos autóctonos que na maioría dos casos son protagonistas de festas gastronómicas.

Neste programa destacan os organizados pola Consellería do Medio Rural e a de Mar, que teñen o obxetivo de poñer en valor os productos de calidade de Galicia amparados con Denominación de Orixe, Indicación Xeográfica Protexida, ou con selos de garantía como “PescadeRías” e as conservas de pescado e marisco de ANFACO-CECOPESCA. Participarán recoñecidos chefs galegos como Miguel González, Javier Rodríguez “Taky”, Miguel Mosteiro, Martín Mantilla ou Héctor Lopez, entre outros. Tamén actuarán importantes chefs de Portugal (peninsular e de Azores), Costa Rica e Perú. Celebrarase tamén unha nova edición, a novena xa, do Concurso de Cociña Gourmet organizado polo Grupo Cuevas.

Para acoller a este amplo programa de actividades, Xantar contará con dúas aulas gastronómicas (Aula Medio Rural by Brico Centro e Aula Grupo Cuevas), unha de Catas comentadas e un Túnel do Viño, Augardentes e Licores. Este último conta co apoio de catro consellos reguladores de Viño de Galicia e do de Licores e Augardentes Tradicionais e presentará máis de 100 referencias galegas.

O programa de showcookings complétase con actividades paralelas como o VIII Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos no que participan máis de 30 blogueros de Galicia, Asturias, Castilla e León, Castilla-La Mancha, Andalucía e Portugal ou o XVII Encontro Internacional de Cofradías que reunirá a 25 entidades.

Co obxetivo de promocionar un destino a través da súa gastronomía e os bos resultados obtidos na edición anterior, organizase o “V Workshop de Turismo Gastronómico” no que participarán unha decena de touroperadores de España que asistirán a presentacións e a reunións B2B con representantes dos distintos destinos gastronómicos presentes no salón.

A novidade deste ano é que ésta misión de axentes de viaxes se complementará con outra de importadores internacionais de productos gourmet que podrán reunirse cos expositores da feira.

Polo que respecta as ponencias e as presentacións cabe destacar que a conferencia inaugural do “XVI Encuentro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable” correrá a cargo do periodista gastronómico e ex-profesor do Basque Culinary Center, Josema Azpeitia.

Xantar 2021 contará tamén cun amplo programa de actos especiais como a Noite do Deporte ou a do Comercio. Todos os días a mediodía haberá un acto oficial no que se celebra un día dedicado a distintos destinos e entidades estreitamente vinculados co salón. A inauguración oficial será o mércoles 3 de novembro e estará presidida polo vicepresidente 1º e Conselleiro de Presidencia, Justicia e Turismo, Alfonso Rueda.

GASTRONOMÍA DOS CAMIÑOS

A promoción da gastronomía dos distintos Camiños a Santiago será un dos fíos condutores desta edición e se promocionará a través de distintos obradoiros e catas e tamén a través dalgúns dos pratos dos restaurantes. A feira reserva un espazo ademáis ás distintas mancomunidades e asociacións que promoven os camiños como a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés ou a Asociación de Amigos da Vía da Prata, entre outras.

 

PORTUGAL

Na presencia internacional destaca un ano máis a presencia de Portugal que estivo presente en Xantar dende a súa primeira edición. A Entidade de Turismo Porto e Norte é o principal socio estratéxico de Xantar no país veciño e facilita cada ano lparticipación de numerosas cámaras municipales  lusas que acuden ao salón con stand e organizan varios showcookings, catas comentadas e degustacións para promocionar o turismo de proximidade. Hai que destacar un ano máis a boa presenza de expositores procedentes do Norte, pero incluíndo tamén a outros destinos do centro como Setúbal. En total, participan de forma directa e independiente no salón, unha quincena de cámaras municipais portuguesas que se suman as que participan baixo o paraugas de Turismo Porto e Norte. Trátase dunha participación que ten un compoñente emocional pola unión que sempre existiu entre Galicia e Portugal, pero tamén estratéxica, xa que é o principal mercado emisor de turistas extranxeiros a Galicia. E ao mesmo tempo a Eurorregión Galicia- Norte de Portugal conforman un destino único cunha oferta enogastronómica de calidade para posicionarse internacionalmente.

 

NOVEDADES EN RESTAURACIÓN

Xantar 2021 ofrecerá a oportunidade de disfrutar da gastronomía de distintas rexións de España e Portugal a través dos 8 restaurantes que participarán nesta edición. A gastronomía de Galicia, a segunda motivación pola que o turista a elixe como lugar de visita, estará representada en Xantar 2021 por 7 restaurantes que presentan todas as opcións para disfrutar do mellor da comida galega e en cuxos menús se poñen en valor numerosas das 300 festas gastronómicas que se celebran nesta comunidade. Ofrecerán en total 13 menús con precios comprendidos entre os 12 e os 35 euros. A provincia de Ourense, sede de Xantar dende fai 22 anos, estará representada por 5 restaurantes. O concello de Arnoia, presente no salón dende a primeira edición, da un paso máis nesta ocasión e participará por primera vez cun restaurante propio que ofrecerá un completísimo menú co famoso “Pemento da Arnoia” como fío condutor e presente en todos os pratos (ata no postre con xeado de Pemento!). Outra das novidades desta edición é o restaurante do Concello do Irixo que presentará un menú composto por alimentos dos seus productores locais enmarcado dentro do proxecto multisectorial “O Irixo, un rural con futuro”.

Non faltará a esta cita o INORDE que este ano cambia o concepto do seu menú para presentar a provincia de Ourense como destino “enOUgastronómico”. Outro dos fieis a esta cita será a Concellería de Turismo do Concello de Ourense que presentará o menú composto polos pinchos gañadores da última edición do concurso “Sabores de Ourense”. E seguindo na capital ourensá, súmase este ano tamén o Bodegón Antiga Leiteiría de A Ponte que reforzará a promoción da calidade da hostelería na capital. Fóra da provincia de Ourense, os amantes do marisco e os pescados frescos poderán elexir entre os tres menús que ofrece o restaurante de “porto da Guarda” que ten a langosta como Protagonista. Destaca tamén o menú presentado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia (BOAGA) que incluirán pratos elaborados con sete das oito razas autóctonas recoñecidas. Esta oferta complétase co restaurante de Vila Real, Portugal.

 

 

COOPERACIÓN PÚBLICO-PRIVADA

Xantar convírtese un ano máis nun exemplo de cooperación público-privada. Entre os seus principais apoios conta coa administración autonómica (a través do apoio das principais consellerías de Turismo, de Medio Rural e de Mar); da administración provincial co apoio da Deputación Provincial de Ourense, e a local a través da Concellería de Turismo de Ourense. A estos apoios institucionais súmanse outros como a Deputación Provincial de Lugo, a entidade de Turismo Porto e Norte ou Euskadi Gatronómika que se suman este ano a Xantar por primeira vez.

Por parte da iniciativa privada, Xantar conta co apoio de grandes empresas do sector agroalimentario ou servizos como é o caso de Cafés Lisboa, Hijos de Rivera, o Grupo Cuevas, Brico Centro Paradelo, ANFACO-CECOPESCA, Gadis, Aceites Abril o Carrefour. Tamén participan como entidades colaboradoras empresas como Coren, a Estación de Viticultura de Galicia – EVEGA, En 2 detalles, Repsol, Hornos UNOX, Centro Médico El Carmen, Bazar Japón, Ecovidrio, Rosareiro e Procesadora Galega de alimentos. Renfe participa como transportista oficial.

As novidades do salón poden seguirse a través da súa nova web www.xantar.org ou das súas redes sociais www.facebook.com/Xantar; en twitter con @XANTAREXPO ou de Instagram a través de @xantaroficial.

 

 

 

¿Estás interesado en ser expositor de Xantar?

Puedes ver más información sobre las modalidades de participación como expositor en Xantar

Xantar es la única Feria Internacional de Turismo Gastronómico. Con una trayectoria de 20 años poniendo en valor los productos agroalimentarios de calidad, la elaboración y el servicio profesional, se ha convertido en un referente para los destinos enogastronómicos más punteros, tanto de España como de Portugal.

Síguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org