Menús Xantar 2021
MENÚ O IRIXO
MENÚ 1
Empanada de torresmos e chourizo ceboleiro
Sopa de cocido tradicional
Cocido típico do Irixo
Requeixo con mel e xeado de marmelo ou Filloa con salsa de toffee e xeado de castaña
Pan e viño branco e tinto D.O. Ribeiro
Prezo: 30 €
MENÚ 2
Croquetas de lacón
Cazolada de cogomelos e castañas
Croca de tenreira con pataca española
Requeixo con mel e xeado de marmelo ou Filloa con salsa de toffee e xeado de castaña
Pan e viño branco e tinto D.O. Ribeiro
Prezo: 27 €
*Menú adaptado s/glute
*Menú infantil 12€
*Prezo especial para grupos mércores e xoves (+ 10 pax.): 25 €
MENÚ INORDE
OURENSE, Destino enOUgastronómico
Xamón selecta Coren
Tomate recheo de requeixo e labras de lacón
Empanada de solombo e shitake
Fabas lobas de San Martiño
Xarrete de tenreira ó viño mencía con puré de patacas e castañas Cuevas ou Polo ecolóxico Coren con boletus
Castañas Cuevas en almíbar con crema de limón e Leite frito con mel
Pan de Cea e viños de adegas das catro D.O. da provincia de Ourense participantes en Agriconect 4.0
Prezo: 29 €
Prezo especial para grupos mércores e xoves pola noite (+10 pax.): 25 €
MENÚ PORTO DE A GUARDA
MENÚ 1
Cazola mariñeira de fabas, choco da ria, ameixas, mexillóns e lagostinos
Tosta con ventresca de peixe espada gourmet ORPAGU
Lagosta da Guarda con arroz
Torta de crema de queixo ou macedonia de froitas frescas
Pan de Cea e viño das D.O. Rías Baixas, Ribeira Sacra e Ribeiro
Prezo: 35 €
MENÚ 2
Cazola mariñeira de fabas, choco da ria, ameixas, mexillóns e lagostinos
Tosta con ventresca de peixe espada gourmet ORPAGU
Peixe espada do Atlántico Noroeste á prancha con cachelos e pisto galego ou Entrecosto de terneira dos montes a A Groba con patacas fritas
Torta de crema de queixo ou macedonia de froitas frescas
Pan de Cea e viño das D.O. Rías Baixas, Ribeira Sacra e Ribeiro
Prezo: 28 €
MENÚ 3
Cazola mariñeira de fabas, choco da ria, ameixas, mexillóns e lagostinos
Tosta con ventresca de peixe espada gourmet ORPAGU
Arroz caldoso de rape con mariscos
Torta de crema de queixo ou macedonia de froitas frescas
Pan de Cea e viño das D.O. Rías Baixas, Ribeira Sacra e Ribeiro
Prezo: 25 €
Menú infantil (ata 10 anos) - Prezo: 8 euros
Prezo especial para grupos para mércores e xoves – Menú 2 - 25 € / Menú 3: 23 €
MENÚ 100% RAZA AUTÓCTONA
FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA
Táboa de entrantes de Razas Autóctonas:
- Bao de churrasco de Razas Bovinas Autóctonas con chimichurri emulsionado e picada fresca.
- Mini taco de Galo de Mos en escabeche temperado.
- Croquetas de cordeiro asado de Raza Ovella Galega.
Medallón de estufado de Razas Bovinas Autóctonas con gnoquis en salsa de queixo D.O. Arzúa-Ulloa.
Entrecotte de Razas Bovinas Autóctonas con grellado de verduras.
Crême Brûlée de ovo de Galiña de Mos, xeado de castaña e froitos de outono.
I.X.P. Pan de Cea e viño tinto e branco da D.O. Monterrei.
Prezo: 30 €
Prezo especial para mércores e xoves para grupos +10 pax: 25 €
MENÚ VILA REAL
Buffet de entrantes:
Xamón de Vila Real, Afumados, Ensalada de Bacallau, Ensalada de Orella, Fígado encebolado, Fritos de Bacallau, “Rojõezinhos” Ensaladas Frías, “Tripas aos Molhos”, Embutidos Fritos, Pataniscas de Bacallau e Empanadas.
Lombo de bacallau con pan de millo, patacas e verduras salteadas ou
Tenreira de Maronês DOP con Queixo da Serra, patacas e verduras salteadas.
Buffet de Sobremesas:
Flan caseiro, Torta de laranxa, Touciño de ceo, Crema de ovo e Crestas de Galo.
Pan e viños de Vila Real.
Prezo: 30 €
Menú especial para grupos (+ 10 pax.)
Entradas: Embutidos Fritos, Fritos de Bacallau e Empanadas.
Xamón de Vila Real, Afumados, Ensalada de Bacallau, Enasalada de Orella.
Bacallau á Crema ou Filete de Tenreira á prancha.
Sobremesa.
Pan e viños de Vila Real.
Prezo: 23 €
MENÚ CONCELLO DE OURENSE
#saboresdeourense
MENÚ 1
Pinchos do Concurso Sabores de Ourense:
• Callos da Tía María
• Tartar de atún vermello regado con aceite de aromáticas frescas
• Ensalamiña de tomate
• Sugus de outono
• Torta matanza (de cacheira e carne ao caldeiro con crema de grelos)
Unha ración de polbo á feira + pan
Flan de San Martiño (de castañas) ou Xeado de polbo
Pan e viño D.O. Ribeiro
Prezo: 30 €
MENÚ 2
Unha ración de polbo á feira + pan
Prezo: 12 €
MENÚ DA ARNOIA
Chupa – chups de queixo da Baixa Limia, I.X.P. Mel de Galicia do Xurés, confitura de pementos da Arnoia, xamón de porco larexo liofilizado con perlas de yozù e aceite de alfábega.
Tartar de tenreira galega e paleta de porco criado con castañas, aguacate, caviar de arenques, cebola crocante, perlas de trufa negra e “kimuchi no moto” de pementos da Arnoia.
Zamburiña peregrina con pisto de pementos da Arnoia, aceite de carbón e lingua crocante de Xamón Selecta.
Pemento da Arnoia recheo de mousselina de xabaril con salsa de mestura forestal.
Pot-au-Feu de tenreira cachena con verza branca, boletus liofilizados, ali-oli de Allo do Oso e amorodos caramelizados.
Cristal de letría castrexa con froitos vermellos da Serra do Quinxo, xeado de pementos de Arnoia e Peta Zetas de chocolate.
Pan e viños da D.O. Ribeiro.
Prezo: 29 €
Prezo especial para grupos mércores e xoves (+10 pax.): 26 €
MENÚ ANTIGA LEITEIRÍA - A PONTE
Aperitivo de bacallau e oliva rechea
Mini burger de vaca e queixo de Arzúa-Ulloa
Croqueta de polbo á feira e queixo de cabra do país
Ravioli de osobuco de vaca e crema de boletus
Cachopo de tenreira galega ou Bacallau a Broa con castañas
Torrada brioche con crema de castañas e xeado
Pan e viño mencía e godello D.O. Ribeira Sacra
Prezo: 30 €
Prezo especial para grupos para mércores e xoves (+10 pax): 25 €
¿Estás interesad@ en participar en Xantar?
Ponte en contacto con nos para asesorarte na mellor maneira.

Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 21 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.
Séguenos
+34 988 36 60 30
info@xantar.org