Premios Xantar 2021

Obxectivos

No marco da 22ª edición de Xantar e con motivo da concesión por oitavo ano da consideración de “Feira Comercial Internacional”, convócanse os Premios Xantar 2021, que xorden co obxectivo de recoñecer iniciativas profesionais e empresariais que teñan destacado por poñer en valor os sectores da gastronomía e/ou o turismo; sectores que xogan un papel de destacada importancia no desenvolvemento socioeconómico da nosa sociedade.

Os presentes premios subténtanse sobre a base da innovación, e a finalidade última baséase en recoñecer publicamente o labor que os profesionais e empresas veñen realizando a través da súa actividade no sector da hostalería e do turismo co obxectivo de mellorar a súa competitividade no mercado global.

Dentro destes premios recoñécense catro categorías diferenciadas:

  • Premio ó Mellor Stand Restaurante.
  • Premio ó Mellor Stand de Alimentación.
  • Premio á Mellor Acción Promocional en materia de turismo.
  • Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e o Medio Ambiente.

Requisitos

Para optar aos mencionados premios, recoñécense dous supostos diferenciados::

  • En relación as categorías de Mellor Stand Restaurante e Mellor Stand de Alimentación, poderán concorrer a estes premios as empresas e profesionais que estean representados en Xantar 2021 expoñendo os sus produtos/servizos dentro da área expositiva do salón.
  • En relación ás categorías de Mellor Acción Promocional e Mellor Actividad, poderán concorrer aos presentes premios as empresas e profesionais que participen en Xantar 2021, ben como expositores, patrocinadores ou como entidades colaboradoras.

Selección de Candidaturas

A organización de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, será a encargada de seleccionar e propor as candidaturas que optarán aos premios en cadansúa categoría.

Garantízase a concorrencia dun mínimo de tres candidaturas en candansúa categorías para o efectivo desenvolvemento de cada premio.

Condicións

Xurado

O xurado dos premios será quen adopte a decisión final da candidatura premiada en cada unha das categorías e estará formado por diversos membros do Comité Asesor de Xantar, así coma por representantes das entidades que conforman o Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.

Todos os membros do xurado teñen voz e voto, agás o secretario/a (que será o/a da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense).

O xurado ten dereito a deixar deserto algún premio, se estimase insuficiente o nivel das candidaturas propostas.

En calquera caso, non procede recurso nin apelación contra a decisión do xurado.

Calendario

Proposta e valoración de candidaturas:  Do 3 ó 7 de novembro de 2021.

Premios

Os galardonados recibirán un diploma e unha figura conmemorativa deseñada en exclusiva para estes Premios que simboliza o recoñecemento por parte de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, do seu labor profesional desenvolto no marco do salón. Estes premios adoitan seren entregados no acto cental do sábado que nesta edición cadra a 6 de novembro de 2021. 

Criterios de avaliación

En cada unha das categorías, o xurado terá en conta os seguintes aspectos relacionados coas diferentes candidaturas: 

Premio ó Mellor Stand Restaurante

1- Equipamento, decoración e acondicionamento do stand.

2- Calidade, presentación e aceptación do menú/s ofrecido/s.

3- Servizo ofrecido ó cliente.

 

Premio ó Mellor Stand de Alimentación

1- Esforzo creativo para a consecución dunha montaxe atractiva para a exposición.

2- Características e presentación do produto.

3- Degustacións, catas e demais accións desenvolvidas no stand.

 

Premio á Mellor Acción Promocional en materia de turismo

1- Innovación, impacto e repercusión da campaña presentada.

2- Grao de implicación da iniciativa no Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

3- Actuacións e actividades complementarias organizadas no marco da feira.

 

Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e o Medio Ambiente.

1- Innovación e diferenciación da proposta presentada.

2- Contribución á posta en valor do XVI Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sustentable.

3- Grao de interese e implicación por parte do público e dos medios de comunicación na actividade.

 

Nas catro categorías valorarase a proxección e trascendencia internacional, se existise, como un elemento positivo.

Premios Xantar 2020

Premio ó Mellor Stand Restaurante: Condado-Paradanta.

Premio ó Mellor Stand de Alimentación: Consellería do Mar.

Premio á Mellor Acción Promocional en materia de turismo: Diputación Provincial de A Coruña.

Premio á Mellor Actividade relacionada cá saúde e o Medio Ambente: Ecourense.

¿Estás interesad@ en participar en Xantar?

Ponte en contacto con nos para asesorarte na mellor maneira.

Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 21 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.

Séguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org