Xantar 2020 destaca o papel da enogastronomía na dinamización da contorna rural

 

Esta cita internacional apoia a Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO

Presenta máis de 150 experiencias entre as que destacan os showcookings que impartirán prestixiosos chefs de 6 países

15 restaurantes ofrecen 22 menús con prezos comprendidos entre os 15 e os 35 euros

Ourense, 03/02/2020.- Xantar, o único Salón Internacional de Turismo Gastronómico acreditado da Península Ibérica, celebra a súa 21ª edición en Ourense entre o 5 e o 9 de febreiro centrado na promoción do papel que xogan a gastronomía e o viño á hora de dinamizar a contorna rural contribuíndo a fixar poboación e a afrontar o reto demográfico.

A este obxectivo súmase o protagonismo destacado que terá a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO. Expourense converterase durante esta semana no epicentro do turismo enogastronómico a reunindo 298 expositores (cifra lixeiramente superior á edición anterior) e con 9 países representados (España, Portugal, Costa Rica, Cabo Verde, México, Perú, Chile, Panamá e Arxentina). A tradicional e estreita cooperación transfronteiriza con Portugal convivirá tamén coa cooperación iberoamericana. No que respecta a as actividades, Xantar reunirá a recoñecidos chefs de 6 países que impartirán talleres de cociña en directo enmarcados no XV Encontro Internacional de Gastronomía Saudable e Sostible que ofrecerá ao público máis de 150 experiencias.

A 21ª edición de Xantar foi presentada esta mañá en Expourense nun acto no que participaron representantes das entidades públicas que apoiaron esta cita desde os seus inicios. Interviñeron o vicepresidente executivo de Expourense e tenente alcalde de Ourense, Jorge Pumar; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz; o vicepresidente da Deputación de Ourense e presidente do INORDE, Rosendo Fernández; a concelleira de Turismo e Termalismo de Ourense, Flora Moure, e a directora de Xantar, Emma González. Todos eles puxeron ao salón como exemplo de cooperación público-privada e destacaron a proxección internacional que lle dá aos produtos agroalimentarios e do mar e á hostalería de Galicia.

NOVIDADES

Entre as novidades desta edición destacan aquelas que teñen como obxectivo a dinamización da contorna rural e a posta en valor do territorio do que xorden os produtos agroalimentarios. O viño será un dos protagonistas coa celebración dun Curso certificado de Iniciación á Cata impartido polo Instituto Galego do Viño e tamén da Xornada sobre Reto Demográfico e Fixación de Poboación no Rural, “Wine Talks”, que inclúe a conferencia de cinco adegueiros galegos e a posterior cata dos seus viños.

Outra das novidades será a celebración, o xoves 6 febreiro, da cuarta e última semifinal do VIII Concurso Cociñeiro do Ano e do IV Concurso Camareiro do Ano. Oito cociñeiros e cinco camareiros de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, A Rioxa e Navarra competirán por alcanzar a final nacional que se celebrará en abril de 2020, na Feira Alimentaria en Barcelona.

150 EXPERIENCIAS ENOGASTRONÓMICAS

O programa de actividades de Xantar 2020 inclúe tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no “ XV Encontro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable”.

Ofrecerá ao público máis de 150 experiencias, é dicir, unha media de 4 actividades por cada hora de celebración do salón. Recoñecidos chefs de 6 países impartirán un total de 70 showcookings aos que hai que sumar 45 catas comentadas de distintos produtos e máis de 50 degustacións de produtos autóctonos.

Neste programa destacan os organizados pola Consellería do Medio Rural e a de Mar, que teñen o obxectivo de poñer en valor vos produtos de calidade de Galicia amparados con Denominación de Orixe, Indicación Xeográfica Protexida, ou con selos de garantía como “Peixarías” e as conservas de peixe e marisco de ANFACO- CECOPESCA. Participarán chefs galegos como Flavio Morganti, José Manuel Mallón, Emma Pinal, Fernando Agrasar ou os 13 integrantes da Asociación “ Cociña Ourense”, entre moitos outros. Tamén actuarán importantes chefs de Portugal, Costa Rica, México, Perú e Chile. Nesta edición hai que engadir ademais a cociñeiros mediáticos como a chef Betina Montagne, mestra pasteleira e xurado do programa de televisión “ Bake off”.

Para dar cabida a este amplo programa de actividades, Xantar contará con tres aulas gastronómicas, unha de Cata e un Túnel do Viño, Augardentes e Licores. Este último conta co apoio dos cinco consellos reguladores de viño de Galicia e presentará máis de 150 referencias galegas incluíndo por primeira vez aos viños recoñecidos con Indicación Xeográfica Protexida I. X. P.

O programa de showcookings complétase con actividades paralelas como o VII Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos no que participan máis de 25 blogueiros de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal ou o XVI Encontro Internacional de Confrarías que reunirá a 40 entidades.

Co obxectivo de promocionar un destino a través da súa gastronomía e os bos resultados obtidos na edición anterior, organízase o “IV Workshop de Turismo Gastronómico” no que participarán unha ducia de operadores de turismo de España, Portugal e Noruega que asistirán a presentacións e a reunións B2 B con representantes dos distintos destinos gastronómicos presentes no salón.

Xantar 2020 contará tamén cun amplo programa de actos especiais como a Noite do Deporte ou a da Mocidade. Todos os días ás 12.30 h. haberá un acto oficial no que se celebra un día dedicado a distintos destinos e entidades estreitamente vinculados co salón. A inauguración oficial será o mércores 5 de febreiro e contará, ademais das autoridades galegas, coa presenza da Secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Rita Marques.

RIBEIRA SACRA, PROTAGONISTA

Outra das grandes novidades desta edición será a promoción internacional da Ribeira Sacra e o apoio á Candidatura desta a ser incluída como Patrimonio Mundial da UNESCO en 2021. A Ribeira Sacra contará cunha caseta promocional do Consorcio de Turismo e de varios concellos incluídos nesta zona, cun restaurante liderado polo concello de Parada de Sil e coa presenza do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O protagonismo da Ribeira Sacra nesta edición vén amparado ademais co apoio tanto da Deputación Provincial de Ourense como da de Lugo ou a propia Xunta de Galicia.

PORTUGAL

Na presenza internacional destaca un ano máis a masiva presenza de Portugal que estivo presente en Xantar desde a súa primeira edición e foi aumentando progresivamente a súa participación tanto en número de restaurantes como de expositores ou visitantes.

A Entidade de Turismo Porto e Norte é o principal socio estratéxico de Xantar no país veciño e facilita cada ano a participación de numerosas cámaras municipais lusas que acoden ao salón con caseta e organizan múltiples showcookings, catas comentadas e degustacións para promocionar o turismo de proximidade. Hai que destacar un ano máis a masiva presenza de expositores procedentes do Norte, pero incluíndo tamén a outros destinos do centro e sur como Setúbal ou Monchique. En total, participan de forma directa e independente no salón máis de 20 cámaras municipais portuguesas que se suman ás que participan baixo o paraugas de Turismo Porto e Norte.

Destacables é tamén a oferta da restauración da próxima edición (restaurantes de Braga, Vila Real e Guimaraes). Trátase dunha participación que ten un compoñente emocional pola unión que sempre existiu entre Galicia e Portugal, pero tamén estratéxica, xa que é o principal mercado emisor de turistas estranxeiros a Galicia. E ao mesmo tempo a Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal conforman un destino único cunha oferta enogastronómica de calidade para posicionarse internacionalmente.

NOVIDADES EN RESTAURACIÓN

Xantar 2020 ofrecerá a oportunidade de gozar da gastronomía de distintas rexións de España e Portugal a través dos 15 restaurantes que van participar nesta edición. A participación de Illa de Ons (Pontevedra) e de Guimaraes (Portugal) serán as dúas grandes novidades en restauración, á que se suma o regreso da #Baixa Limia con restaurante propio. A gastronomía de Galicia, a segunda motivación pola que o turista a elixe como lugar de visita, estará representada en Xantar 2020 por 11 restaurantes que presentan todas as opcións para gozar do mellor da comida galega e en cuxos menús se poñen en valor numerosas das 300 festas gastronómicas que se celebran nesta comunidade.

A provincia de Ourense, sede de Xantar desde hai 21 anos, estará representada por 5 restaurantes. Ourense cidade contará con dúas, un que representa á “Capital Termal” e outros denominado “Sabores de Ourense” que presentará un menú baseado na selección de petiscos gañadores dos concursos “Sabores de Outono” e “Sabores de Primavera” organizados pola Concellería de Turismo de Ourense.

Non faltará a esta cita o INORDE que como é habitual ofrecerá un menú apto para todos os petos baseados en produtos de calidade quilómetros cero e que conta coa colaboración de grandes empresas do sector agroalimentario da provincia.

A oferta en restauración de fóra de Galicia complétase co restaurante de Castela e León que inclúe o tradicional lechazo ao forno. Os amantes do marisco e os peixes frescos poderán elixir entre o xa mencionado menú de Illa de Ons que se suma á oferta presentada xa desde fai varias edicións de “Porto da Guarda”
que ten á lagosta como protagonista ou a “Beluso- Ría de Pontevedra” co seu arroz con bogavante como prato principal.

A Galicia interior estará representada polo menú ofrecido por Vila de Cruces onde destaca o seu “Galo de Curral” e por “Condado Paradanta” que volve apostar polo salón despois da gran acollida que tivo a súa participación por primeira vez na última edición. Destaca tamén o menú presentado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia ( BOAGA) que incluirán un prato elaborado por cada unha das oito razas autóctonas recoñecidas.

As novidades do salón poden seguirse a través da súa nova web www.xantar.org ou das súas redes sociais www.facebook.com/xantar; en twitter con @XANTAREXPO ou de Instagram a través de @xantaroficial.

 

 

 

 

PREMIOS XANTAR 2020
Durante el acto central de este sábado fueron entregados los Premios Especiales de Xantar que nacieron en 2014 para celebrar la concesión del Sello de Feria Comercial Internacional del Gobierno de España. Se han mantenido desde entonces y sirven para reconocer a aquellos expositores que presentan plusvalías a su participación en la feria ofreciendo siempre algo más o algo diferente a los visitantes. Los premiados de esta edición han sido:

– Premio al Mejor Stand Restaurante: Condado-Paradanta por presentar un menú completo y autóctono y promocionar un proyecto que conjuga enología y turismo.

– Premio al Mejor Stand de Alimentación: Consellería do Mar. Por presentar un novedoso stand, por facilitar por primera vez la presencia de pequeñas empresas relacionadas con los productos del mar y por los numerosos showcookings organizados con prestigiosos cocineros gallegos y que promocionan los productos de calidad del mar de Galicia.

– Premio a la Mejor Acción Promocional en materia de turismo: Diputación Provincial de A Coruña, por promover la participación de sus concellos organziando numerosas actividades que promocionaban los productos locales y apoyar a las distintas escuelas de hostelería.

– Premio a la Mejor Actividad relacionada con la salud y el Medio Ambiente: Ecourense, por promover el reciclado de aceites y por promover la cocina de aprovechamiento a través del taller “Zero Waste”.

Durante esta jornada fueron entregados también los premios del X Concurso de los Carteles de Fiestas Gastronómicas de Galicia y Portugal. El primer premio fue para el Entroido de Xinzo de Limia; el segundo para La Campaña Sabores do Mar de Esposende y el tercero para la Festa do Viño de Amandi de Sober.

ACTIVIDADES

Entre las actividades que tuvieron lugar en esta ya cuarta jornada de Xantar destacó el showccoking impartido por Betina Montagne, maestra repostera y jurado del programa de televisión “Bake off” quien enseñó los secretos para crear la masa de las auténticas “cookies dough” americanas. También participó hoy el popular chef austriaco-portugués Thomas Egger que representó a Tabuaço. Arousa Norte también eligió la jornada de hoy para organizar un showcooking sobre sus productos autóctonos.
Entre las degustaciones ofrecidas hoy destacó la del concello de Viveiro que presentó varios platos elaborados con merluza de Celeiro y aprovechó para anunciar la Fiesta de la Merluza, de Interés Turístico de Galicia y que se celebrará el 18 de julio de 2020. Su Semana Santa, de Interés Turístico Internacional, fue promocionada a través del Pan de los Apóstoles, postre típico de Pascua en Viveiro. A Cañiza fue otro de los ayuntamientos que ofreció esta jornada de sábado para promocionar su popular jamón y sus vinos.

Mañana será ya la jornada de clausura de esta edición en la que 298 expositores de 9 países presentan las últimas novedades en productos autóctonos, de calidad, certificados y ecológicos.

¿Estás interesado en ser expositor de Xantar?

Puedes ver más información sobre las modalidades de participación como expositor en Xantar

Xantar es la única Feria Internacional de Turismo Gastronómico. Con una trayectoria de 20 años poniendo en valor los productos agroalimentarios de calidad, la elaboración y el servicio profesional, se ha convertido en un referente para los destinos enogastronómicos más punteros, tanto de España como de Portugal.

Síguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org