Showcookings en directo
Durante os 5 días de feira celebraránse un gran número de obradoiros de cociña en directo. Xantar 2021 contará con 3 aulas gastronómicas (e outra de catas comentadas) para que os visitantes poidan participar en actividades orientadas á reciclaxe e aproveitamento de alimentos, tendencias e novas técnicas culinarias, técnicas tradicionais de cociña, etc. O obxectivo destes obradoiros é tamén dar a coñecer distintas e innovadoras opcións culinarias dos produtos recoñecidos con algún tipo de recoñecemento da súa calidade como a Denominación de Orixe, a Indicación Xeográfica Protexida, ou o selo “pescadeRías, de onde se non?”, entre outros.
Coa participación dun gran número de especialistas e chefs de primeira orde, os Showcookings de Xantar constitúen un dos eixes máis destacados da feira.

¿Estás interesad@ en participar en Xantar?
Ponte en contacto con nos para asesorarte na mellor maneira.

Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 21 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.
Séguenos
+34 988 36 60 30
info@xantar.org