Concursos en xantar
XI CONCURSO GOURMET GRUPO CUEVAS
Grupo Cuevas e Expourense, no marco de Xantar “Salón Internacional de Turismo Gastronómico”, convoca o XI Concurso Gourmet GRUPO CUEVAS. O obxectivo do concurso é promover o uso da castaña en todo tipo de cociñas. Tanto nas receitas máis tradicionais como naqueles pratos máis experimentais ou innovadores. A castaña foi un froito básico de moitas dietas polo que, a través deste concurso preténdese reivindicar e redescubrir o papel que desempeña na cociña actual.
Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos, profesionais ou afeccionados á cociña. A participación pode ser a título individual ou representando a unha asociación, escola ou colectivo. Así mesmo, a participación, pode ser individual ou en grupo (máximo tres persoas por candidatura).
Consulta AQUÍ as BASES DO CONCURSO.
¿Estás interesado en participar en Xantar?
Ponte en contacto con nos para asesorarte na mellor maneira.
Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 25 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.
Séguenos
+34 988 36 60 30
info@xantar.org