Premios Xantar 2023

¿Cómo participar en Xantar?

No marco da 25ª edición de Xantar e con motivo da concesión da consideración de “Feira Comercial Internacional”, convocanse os Premios Xantar 2023, que surxen co obxetivo de recoñecer iniciativas profesionais e empresariais que tiveran destacado por poñer en valor os sectores da gastronomía e/o turismo e que xogan un papel de destacada importancia no desarrollo socioeconómico da nosa sociedade.

Os presentes premios substéntanse sobre a base da innovación, e o fin último baséase en recoñecer publicamente a labor que os profesionais e empresas veñen realizando a través da sua actividad no sector da hostalería e o turismo co obxetivo de mellorar a súa competitividade no mercado global.

Dentro destes premios recoñécense catro categorías diferenciadas:

  • Premio ao Mellor Stand Restaurante.
  • Premio ao Mellor Stand de Alimentación.
  • Premio á Mellor Acción Promocional en materia de turismo.
  • Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e a nutrición.

Requisitos

Para optar aos mencionados premios, recoñécense dous supostos diferenciados::

  • En relación as categorías de Mellor Stand Restaurante e Mellor Stand de Alimentación, poderán concorrer a estes premios as empresas e profesionais que estean representados en Xantar 2024 expoñendo os sus produtos/servizos dentro da área expositiva do salón.
  • En relación ás categorías de Mellor Acción Promocional e Mellor Actividad, poderán concorrer aos presentes premios as empresas e profesionais que participen en Xantar 2024, ben como expositores, patrocinadores ou como entidades colaboradoras.

Selección de Candidaturas

A organización de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, será a encargada de seleccionar e propor as candidaturas que optarán aos premios en cadansúa categoría.

Garantízase a concorrencia dun mínimo de tres candidaturas en candansúa categorías para o efectivo desenvolvemento de cada premio.

Condicións

Xurado

O xurado dos premios será quen adopte a decisión final da candidatura premiada en cada unha das categorías e estará formado por diversos membros do Comité Asesor de Xantar, así coma por representantes das entidades que conforman o Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.

Todos os membros do xurado teñen voz e voto, agás o secretario/a (que será o/a da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense).

O xurado ten dereito a deixar deserto algún premio, se estimase insuficiente o nivel das candidaturas propostas.

En calquera caso, non procede recurso nin apelación contra a decisión do xurado.

Calendario

Proposta e valoración de candidaturas:  Do 24 ó 27 de outubro de 2024.

Premios

Os galardonados recibirán un diploma e unha figura conmemorativa deseñada en exclusiva para estes Premios que simboliza o recoñecemento por parte de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, do seu labor profesional desenvolto no marco do salón. Estes premios adoitan seren entregados no acto cental do sábado que nesta edición cadra a 4 de novembro de 2023.

Criterios de avaliación

En cada unha das categorías, o xurado terá en conta os seguintes aspectos relacionados coas diferentes candidaturas: 

Premio ó Mellor Stand Restaurante

1- Equipamento, decoración e acondicionamento do stand.

2- Calidade, presentación e aceptación do menú/s ofrecido/s.

3- Servizo ofrecido ó cliente.

 

Premio ó Mellor Stand de Alimentación

1- Esforzo creativo para a consecución dunha montaxe atractiva para a exposición.

2- Características e presentación do produto.

3- Degustacións, catas e demais accións desenvolvidas no stand.

 

Premio á Mellor Acción Promocional en materia de turismo

1- Innovación, impacto e repercusión da campaña presentada.

2- Grao de implicación da iniciativa no Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

3- Actuacións e actividades complementarias organizadas no marco da feira.

 

Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e o Medio Ambiente.

1- Innovación e diferenciación da proposta presentada.

2- Contribución á posta en valor do XVI Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sustentable.

3- Grao de interese e implicación por parte do público e dos medios de comunicación na actividade.

 

Nas catro categorías valorarase a proxección e trascendencia internacional, se existise, como un elemento positivo.

Premios Xantar 2022

Premio ao mellor Stand Restaurante:Camiño Miñoto Ribeiro.

Por ofrecer un menú galego-portugués que inclúe as distintas etapas do Camiño Miñoto Ribeiro, maridar pratos típicos do país veciño con produtos de calidade da comarca do Ribeiro como pementos e viño e por representar á perfección a promoción da gastronomía dos camiños de Santiago, que é o fío condutor desta edición.

Premio ao Mellor Stand: Coren.

Por ser unha das grandes empresas ourensás que actúa como embaixadora da calidade da gastronomía galega. Por ser unha das grandes cooperativas de España e por ser un importante xerador de riqueza no rural onde xeran un crecemento económico inclusivo centrado nas persoas e no territorio. Por colaborar con Xantar montando un stand que chama a atención e sorprende ao visitante e que promociona un produto, o “xamón Selecta, o das castañas”, que combina a gandería coa produción agrícola.

Premio á Mellor Acción Promocional en Materia Turística: Cámara Municipal de Matosinhos.

Por promocionar en Xantar a súa marca que combina turismo e gastronomía “Matosinhos World’s Best Fish” e por ter participado de forma activa e dinámica cun stand no que poder facer fotos interactivas, gozar da realidade virtual ou probar sorte na ruleta. Ademais, por ter organizado un completo programa de showcookings e degustacións nas que mostran os seus peixes e mariscos. E por levar semanas promocionando e etiquetando a Xantar a través das súas redes sociais.

Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e a nutrición: ANFACO-CECOPESCA.

Por ter empregado Xantar como plataforma para dar a coñecer as excelentes calidades nutricionais das conservas de peixe e marisco e o máximo aproveitamento do produto. Para organizar diversos obradoiros de cociña, unha degustación de maridaxe para profesionais e un obradoiro para nenos. Por ensinarnos a todos que “degustar a lata” é algo variado, divertido e saudable.

¿Estás interesad@ en participar en Xantar?

Ponte en contacto con nos para asesorarte na mellor maneira.

Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 25 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.

Séguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org