¿Qué é Xantar?

Xantar é a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de “Feiras Comerciais Internacionais” españolas que publicou a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo del Gobierno de España no B.O.E. 313 do 30/12/2019. Entre o 3 e o 7 de febreiro de 2021 celebrará a súa 22ª edición.

Cunha traxectoria de 21 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal. Esta diferenciación atrae ademais a outros participantes internacionais, fundamentalmente desde Iberoamérica.

Esta liña de internacionalización permitiu crear redes de cooperación en materia de Gastronomía e Turismo Sustentable e Saudable.

Este salón ofrece una vinculación de carácter experiencial entre o expositor e o visitante a través de diversas accións, que fusionan a tradición e a innovación propia dos territorios presentes en Xantar a través de exhibicións, catas temáticas, cociña en directo e moitas máis iniciativas que ocorren durante cinco días de intensa actividade.

No marco de Galicia, supón ademais o comezo das 300 festas gastronómicas desta comunidade, algunas delas de Interese Turístico Nacional ou Internacional.

Outro dos obxectivos do salón é a dinamización do rural a través da enogastronomía e do turismo, promovendo produtos innovadores que destacan pola súa calidade e sustentabilidade.

Razóns para participar en Xantar

1

Dinamización económica e social da contorna rural a través da Enogastronomía e o turismo

2

Oportunidade ideal para establecer contacto con novos clientes e realizar estratexias de fidelización

3

Promover a competitividade no sector da restauración

4

Servir de plataforma para os produtos agrogandeiros e pesqueiros de calidade

5

Más de 100 medios de comunicación nos que darse a coñecer

6

Afluencia de público profesional e afeccionados atraídos polo completo programa de actividades

7

Aumento da visibilidade da súa empresa, incrementando así as súas posibilidades de negocio

8

Fomento da cooperación internacional creando redes turísticas e culinarias sustentables a nivel mundial

Ficha técnica de Xantar

Nome do Certame: Xantar, Feira Internacional de Turismo Gastronómico
Edición: 22ª
Organizado por: Expourense – Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense
Datas: do 3 ó 7 de febreiro de 2021
Horario: 12:00 a.m. a 01:00 a.m. de mércores a sábado e o domingo peche ás 19:00 h,
Acceso: Mediante acreditación profesional ou a través da compra da entrada na billeteira do recinto
Prezo: 5 Euros
Periodicidade: Anual
Sede: Recinto de Expourense, Ourense (Galicia – España)

Díptico Promocional Xantar 2021

Entidades colaboradoras

¿Estás interesad@ en participar en Xantar?

Ponte en contacto con nos para asesorarte na mellor maneira.

Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 20 años poñendo en valor os productos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, converteuse nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.

Séguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org