Salón Internacional de Turismo Gastronómico

Ourense, do 3 ó 7 de novembro de 2021
Aviso Importante
A organización de Xantar segue en todo momento as directrices que van indicando as autoridades sanitarias. A edición de 2021 continuará ofrecendo a expositores e visitantes a máxima seguridade e compromiso para garantir a correcta celebración deste evento internacional, contribuíndo así ao crecemento dos sectores do turismo e da hostalería, axudándolle a afrontar os seus retos de futuro.
Xantar, única Feira Internacional de Turismo Gastronómico
acreditada da Península Ibérica
Defende a calidade da Gastronomía e o Turismo Sostible e Saudable fusionando tradición e innovación propia dos territorios representados a través de exhibicións, catas temáticas, cociña en directo e moitas máis iniciativas que suceden durante cinco días de intensa actividade. Vive a experiencia de viaxar polo mundo e coñece os destinos enogastronómicos máis punteros de España, Portugal e de América Latina.
DEGUSTACIÓNS
SHOWCOOKINGS
CATAS
PRESENTACIÓNS
VISITANTES
EXPOSITORES
BLOGGERS
DOSSIER
Vídeo Xantar
Última edición en cifras
Superficie m2
Expositores
Países Representados
Actividades
Visitas
Restaurantes
EXPERIENCIA XANTAR
Xantar ofrece cinco días de intensa actividade cheos de experiencias para descubrir e disfrutar incluidas o Encontro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable. Son actividades orientadas tanto a profesionais como a aficionados e teñen o obxectivo de apostar por unha alimentación equilibrada a partir de produtos de calidade.
Showcookings de cociña en directo cos mellores chefs, catas comentadas, maridaxes, degustacións, conferencias de expertos, presentacións de produtos innovadores… Para dar cabida a este amplo programa de actividades, Xantar contará con tres aulas gastronómicas, unha de Cata e un Túnel do Viño.

Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 21 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.
Séguenos
+34 988 36 60 30
info@xantar.org