Conferencias e presentacións
Ademais de showcookings e catas comentadas, o Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sostible, no que se engloban todas as actividades de Xantar, inclúe tamén conferencias a cargo de expertos nacionais e internacionais en nutrición e saúde, turismo ou hostalería que imparten clases maxistrais sobre temas de actualidade que preocupan aos profesionais destes sectores ou que están orientados a ofrecer información especializada aos alumnos das distintas escolas de formación profesional que asisten a estas actividades.
Tamén teñen cabida as presentación de destinos, campañas turísticas, producos innovadores, eventos ou publicacións.
¿Estás interesad@ en participar en Xantar?
Ponte en contacto con nos para asesorarte na mellor maneira.
Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 25 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.
Séguenos
+34 988 36 60 30
info@xantar.org