XVII Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas
Xantar 2021 celebrará unha nova edición, e xa van 17, do Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas que como sempre se celebrará o xoves da feira, é dicir, este ano será o Xoves 4 de novembro de 2021.
Estas sociedades gastronómicas realizan un importante labor no referente á recuperación de produtos e pratos tradicionais; á edición de libros, catálogos e receitarios sobre produtos autóctonos; así como á súa gran contribución á conservación da cultura e a tradición gastronómica de vilas e cidades.
Na última edición celebrada en febreiro de 2020, participaron neste encontro 40 confrarías procedentes de España, Portugal e Francia.
Programa de Actividades do Encontro e Formulario de inscrición dispoñibles en breve.

¿Estás interesad@ en participar en Xantar?
Ponte en contacto con nos para asesorarte na mellor maneira.

Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 21 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.
Séguenos
+34 988 36 60 30
info@xantar.org