Edición Anterior – Xantar 2021
Xantar celebrou en 2021 a súa 22º edición, a oitava como feira internacional, entre os días 3 e 7 de novembro e dedicouse especialmente á promoción da “Gastronomía dos Camiños”.
A edición de 2021 foi unha boa edición de transición cara á nova normalidade e supuxo o reencontro dos profesionais do turismo e da hostalería. A XXII edición de Xantar foi a primeira edición celebrada en outono e tamén a última que se celebra sen o Tren de Alta Velocidade-AVE, feito que suporá un revulsivo para Ourense, porta de entrada a Galicia. Xantar 2021 recibiu preto de 18.000 visitas e tras falar cos expositores, a organización Xantar decidiu que o cambio de datas chegou para quedarse e durante o acto de clausura, o director Rogelio Martínez anunciou que Xantar 2022 se celebrará entre o 9 e o 13 de novembro. facéndoo coincidir coa festividade de San Martiño, “algo que converterá a Ourense nun gran polo de atracción para o turismo de proximidade que agora ampliará o seu radio coa chegada do AVE”.
O atractivo de Xantar para o público está fóra de toda dúbida á vista dos resultados das enquisas realizadas: o 98% dos visitantes ten a intención de repetir. Ademais, é unha cita para o desfrute do propio sector, xa que das persoas que visitaron Xantar na pasada edición, o 35% eran profesionais, e o 88% dos expositores que formaron parte deste proxecto manifestaron a súa intención de repetir.
¿Estás interesad@ en participar en Xantar?
Ponte en contacto con nos para asesorarte en cal é a mellor maneira.
Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 25 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.
Séguenos
+34 988 36 60 30
info@xantar.org