Xantar 2020 pecha cun maior número de expositores, superficie ocupada e visitas

 O conselleiro de Medio Rural, José González, presidiu o acto de clausura da 21ª edición do único salón internacional de turismo gastronómico acreditado de España

Hoxe foron entregados tamén os premios do 8º Concurso Xantar Gourmet Grupo Cuervas

Ourense, 09/02/2020.- “Nin un metro libre e nin un minuto libre”. Así definía o vicepresidente executivo de Expourense, Jorge Pumar, a Xantar 2020 durante o acto de clausura que pecha con datos que superan as edicións anteriores como os 289 expositores procedentes de 9 países, a superficie ocupada ou o seguimento por parte do público das máis de 150 experiencias que supoñían celebrar catro actividades por cada hora de feira e que foron seguidas por máis de 7.000 participantes, no seu maior parte profesionais do sector.
O número de visitas recibidas durante os cinco días do salón, preto de 25.000, supera tamén o das últimas edicións. O programa de Actividades de Xantar 2020 programa incluíu exhibicións de cociña en directo na que participaron recoñecidos chefs de España, Portugal, Costa Rica, México, Perú e Chile e nas que se puxeron en valor os produtos autóctonos e de calidade. Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionais foron as máis de 30 catas comentadas de produtos como o viño, licores, queixos, mel ou ron panameño. Hai que engadir tamén as máis de 50 degustacións ofrecidas polos expositores como as da raia con queixo e viño de Amandi de Sober, o Botelo do Barco de Valdeorras, por citar algunhas das organizadas para esta xornada de clausura.
Xantar 2020 volveu a contar coa fidelidade dos profesionais do sector e tamén do público xeral procedente tanto de Galicia como de Portugal e de provincias limítrofes, o que cumpre o obxectivo do salón de fomentar o turismo de proximidade a través da gastronomía a través da cooperación transfronteiriza e tamén da iberoamericana. O acto de clausura de hoxe, Día dedicado ao Medio Rural, estivo presidido polo conselleiro desta área, José González, quen destacou o papel que xoga Xantar na “dinamización da economía galega e no impulso internacional de dous sectores vitais para Galicia como son o agroalimentario e o hostaleiro e turístico.

 

Esta última xornada foi tamén a dedicada aos concellos de Castro Caldelas e Sober, ambos na Ribeira Sacra, a protagonista destacada desta edición. O presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e alcalde de Sober, Luís Guitián, agradeceu a Xantar á única candidatura que presentará España en 2021 a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO.

Tamén se celebrou o día dedicado ao Barco de Valdeorras cuxo alcalde, Alfredo García, destacou que “o turismo ten que converterse nun recurso importante para os nosos territorios. Temos que aprender a vivir, tamén, do turismo”. Durante este acto de clausura foron entregados tamén, como é habitual xa desde hai 8 anos, os premios do Concurso Xantar Gourmet Grupo Cuevas nas categorías de profesional, semiprofesional e afeccionado. Tiveron que realizar receitas que incluísen varios produtos gourmet galegos como a castaña.

Os gañadores desta edición foron:

PROFESIONAL

Illya Aleksenko Bilyayev – Santiago de Compostela Receita: Ravioli de tenreira galega rechea de castaña con cogomelos confeitados
SEMIPROFESIONAL
Rut Nieves Fernández – Ourense e Fátima Nieves Fernández – Ourense Receita: A Faísca dá Castaña
AFECCIONADO Marcos Céspedes Seijo – Ourense. Gañador tamén da edición de 2019 nesta mesma categoría. Receita: Timbal de rabo de tenreira galega estofado con castañas e ensalada tépeda de cogomelos e castaña asada.
O acto de clausura concluíu coa entrega de placas ás entidades patrocinadoras de Xantar 2020 e entre as que se atopan grandes empresas do sector alimentario e servizos de Galicia, ademais das distintas administracións o que pon de relevo, unha vez máis, a importancia da cooperación público-privada. Conclúe así a primeira feira do calendario de Expourense para 2020. A próxima cita será o 15 e o 16 de abril coa 15ª edición de Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral.

¿Estás interesado en ser expositor de Xantar?

Puedes ver más información sobre las modalidades de participación como expositor en Xantar

Xantar es la única Feria Internacional de Turismo Gastronómico. Con una trayectoria de 20 años poniendo en valor los productos agroalimentarios de calidad, la elaboración y el servicio profesional, se ha convertido en un referente para los destinos enogastronómicos más punteros, tanto de España como de Portugal.

Síguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org