Galicia e o Norte de Portugal únense en Xantar para promocionarse como un único destino enogastronómico

 O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, e a Secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Rita Marques, presidiron hoxe a inauguración do único salón internacional de turismo gastronómico da Península Ibérica

Máis de 150 actividades, 298 expositores de 9 países e 15 restaurantes con 22 menús son as cifras desta 21ª edición na que a Ribeira Sacra destaca como protagonista especial

Ourense, 05/02/2020.- Dous países, un único destino enogastronómico. A 21ª edición de Xantar abriu as súas portas esta mañá en Expourense estreitando máis se cabe os lazos de cooperación transfronteiriza entre as dúas áreas da Eurorrexión.

O interese de Galicia polo turista portugués e viceversa, xa que ambos os destinos son o principal emisor de viaxeiros para o outro, foi un dos fíos condutores do acto inaugural da única feira internacional de turismo gastronómico acreditada na Península Ibérica.

O acto de apertura estivo presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, acompañado pola secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Rita Marques; o presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar; a concelleira de Turismo de Ourense, Flora Moure; o presidente de Turismo Porto e Norte, Luís Pedro Martins; o presidente da Agrupación industrial de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; e o vicepresidente executivo de Expourense, Jorge Pumar.

“ Xantar contribúe ademais a posicionar internacionalmente o potencial enogastronómico de Galicia, un sector convertido nun importante motor de desenvolvemento da economía da comunidade”, indicou o conselleiro durante a súa intervención engadindo ademais que “ten unha gran capacidade para diversificar e desestacionalizar nosa oferta turística”.
Ademais da cooperación transfronteiriza e a posta en valor da enogastronomía como dinamizador económico, a Ribeira Sacra foi a outra gran protagonista do día como forma de apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO.

Arrincan así cinco días nos que Ourense convértese no epicentro da enogastronomía peninsular e na ponte gastronómica con América Latina, xa que destaca a presenza en feira de delegacións de profesionais de países como Costa Rica ou Perú.

Nesta xornada inaugural arrincou tamén o XV Encontro Internacional sobre Dieta e Saúde que ofrece máis de 150 experiencias enogastronómicas enfocadas a promocionar a calidade dos produtos agroalimentarios e do mar de Galicia e do resto de destinos participantes. Entre as celebradas hoxe destacan o taller de Experiencias de Calidade de Galicia impartido polo chef ourensán Miguel González, os organizados pola Consellería do Mar sobre pesca artesanal e sobre o Bonito de Burel, os impartidos por Cociña Ourense ou por Rubén Silva, o gañador de Masterchef en Portugal.

Entre o programa de actividades, os expositores de Porto e Norte aproveitaron para presentar importantes eventos relacionados co turismo e a gastronomía como o Wine Music Valley de Porto ou a Festa do Folar de Chaves. Tamén se impartiu hoxe a primeira xornada Curso certificado de Iniciación á Cata impartido polo Instituto Galego do Viño. Tamén se celebrou o VII Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos que reuniu a 25 bloggers de Galicia, Portugal, Asturias e Castela e León.

Esta primeira xornada concluirá coa celebración da Noite do Deporte na que participará o secretario xeral para ou Deporte, Ramón Lete, para presentar a próxima edición de Sportur Galicia, IV Salón do Deporte e Turismo que se celebrará en Expourense.

Os 15 restaurantes de Xantar 2020 comezaron hoxe tamén a servir os primeiros menús desta edición rexistrando un bo nivel de afluencia na primeira xornada, algúns deles co cartel de completo. Ofrece a oportunidade de gozar da gastronomía de distintas rexións de España e Portugal a través dos 15 restaurantes que participan nesta edición. Illa de Ons (Pontevedra) e de Guimaraes (Portugal) son as dúas grandes novidades en restauración, á que se suma o regreso da #Baixa Limia con restaurante propio. 

¿Estás interesado en ser expositor de Xantar?

Puedes ver más información sobre las modalidades de participación como expositor en Xantar

Xantar es la única Feria Internacional de Turismo Gastronómico. Con una trayectoria de 20 años poniendo en valor los productos agroalimentarios de calidad, la elaboración y el servicio profesional, se ha convertido en un referente para los destinos enogastronómicos más punteros, tanto de España como de Portugal.

Síguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org