Workshop de Turismo Gastronómico

¿En qué consiste o Workshop?

Acción enfocada a promover encontros B2B entre operadores e axencias especializadas en turismo gastronómico.

XANTAR 2023 continuará promovendo o Turismo a través da Enogastronomía dende Galicia, un destino no que este produto constitúe un dos principais atractivos para os viaxeiros.

Estes encontros B2B están reservados ás entidades participantes en Xantar 2023 que poderán realizar se o desexan unha presentación de destino ou de produto turístico aos axentes. Este workshop celebrarase o xoves 2 de novembro de 2023.

Se desexa ampliar esta información, pode escribir a marketing@expourense.org.

 

Razóns para participar en Xantar

1

Dinamización económica e social da contorna rural a través da Enogastronomía e o turismo

2

Oportunidade ideal para establecer contacto con novos clientes e realizar estratexias de fidelización

3

Promover a competitividade no sector da restauración

4

Servir de plataforma para os produtos agrogandeiros e pesqueiros de calidade

5

Más de 100 medios de comunicación nos que darse a coñecer

6

Afluencia de público profesional e afeccionados atraídos polo completo programa de actividades

7

Aumento da visibilidade da súa empresa, incrementando así as súas posibilidades de negocio

8

Fomento da cooperación internacional creando redes turísticas e culinarias sustentables a nivel mundial

¿Estás interesad@ en participar en Xantar?

Ponte en contacto con nos para asesorarte na mellor maneira.

Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 25 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.

Séguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org