Xantar organiza obradoiros de cociña e catas de viños virtuais

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico propón viaxar on line a destinos gastronómicos internacionais e tamén a maridar viños galegos con tapas realizadas con produtos de calidade

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, organizou unha serie de actividades formativas en liña e en directo que teñen o obxectivo de animar e entreter, a través da enogastronomía e desde unha perspectiva saudable, aos numerosos seguidores da feira a través das súas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) nestas semanas de confinamento.

Talleres de cociña internacional e catas “ riquiñas” comentadas maridando viños galegos con outros produtos de calidade son a proposta que ofrece o salón e que poden seguirse en directo de forma gratuíta, previa inscrición, a través da plataforma “ Zoom” para contactar directamente co relator; ou a través de Facebook Ao vivo!. Estas actividades anúncianse con tempo suficiente para que os que se animen a cociñar en directo cos chefs, teñan preparados os ingredientes para realizar a receita.

Para organizar estas actividades, Xantar conta cunha ampla rede internacional de colaboradores, xa que non podemos esquecer que se trata da única feira internacional de turismo gastronómico acreditada polo Goberno de España e que na última edición, celebrada en febreiro de 2020, contou coa presenza de 9 países. A 22ª edición de Xantar celebrarase do 3 ao 7 de febreiro de 2021.

Estas accións formativas comezaron xa esta mesma semana coa realización dun taller sobre cociña sa e hindú impartido por Moi Chef e pola nutricionista Adriana Fernández Vidal do Taller do Benestar, empresa ourensá, que explicaron os segredos do “ Chana Masala”.

O próximo destes obradoiros está previsto para o xoves 14 de maio a 19.00 horas (hora española) e o protagonista será o produto insignia da gastronomía portuguesa, o bacallau. O prestixioso chef austriaco-portugués Thomas Egger do restaurante Tabua d’ aço, de Tabuaço, ensinará como preparar “un bacallau para o confinamento”. Contará coa colaboración de Turismo Porto e Norte e a da Escola de Hotelaria e Turismo de Porto. Portugal é un dos grandes protagonistas en cada edición de Xantar xa que participou neste evento desde a primeira edición e ano tras ano aumenta a súa presenza tanto en cantidade de expositores como de visitantes.

Este será o primeiro taller impartido por un chef portugués pero organizaranse varios máis. Tamén está prevista a organización de talleres de cociña de América Latina de chefs que xa participaron no salón.

Catas comentadas

Outra das actividades que está a organizar Xantar serán as catas virtuais de viños das cinco Denominación de Orixe de Galicia (Monterrei, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira sacra e Rías Baixas). A recoñecida catadora galega, Mercedes González, convidaranos os venres das próximas semanas a “ir de viños” participando nas súas “catas riquiñas” que maridan un viño dunha denominación cunha tapa elaborada con produtos de calidade de Galicia. Tal e como explica a catadora, “a través desta actividade gozaremos e descubriremos Galicia a través dos seus viños. Trátase dunha cata didáctica, pensada para gozar, sen misterios! Os galegos temos o costume de saír de tapeo e, como non é posible polo momento, nesta cata daremos algunhas recomendacións para acompañar aos viños”.

A primeira destas catas terá lugar o venres 15 de maio ás 19.00 h e servirá para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO. Quen queira participar haberán de ter a man un viño dalgunha adega adscrita á D.O. Ribeira Sacra. A tapa proposta para esta actividade é unha tosta de polbo con queixo galego.

As ligazóns para inscribirse nestas actividades publícanse na páxina de Facebook de Xantar: https://www.facebook.com/xantar

¿Estás interesado en ser expositor de Xantar?

Puedes ver más información sobre las modalidades de participación como expositor en Xantar

Xantar es la única Feria Internacional de Turismo Gastronómico. Con una trayectoria de 20 años poniendo en valor los productos agroalimentarios de calidad, la elaboración y el servicio profesional, se ha convertido en un referente para los destinos enogastronómicos más punteros, tanto de España como de Portugal.

Síguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org