Presentación de Xantar 2021 en Fitur, xoves 20 de maio ás 13.30h. no stand de Turismo de Galicia

Expourense, recinto feiral de Ourense, acode un ano máis a FITUR Madrid para presentar Xantar, unha cita que poñerá en marcha distintas accións profesionais enmarcadas no dobre Ano Santo Xacobeo 2021-2022.

Xantar, única feira internacional de Turismo Gastronómico de España, presentarase ás 13.30 h,

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, celebrará a súa 22ª edición entre o 3 e o 7 de novembro de 2021 cargado de novidades que xa empezan polo propio cambio de datas e que se traslada ao segundo semestre do ano e terá lugar nun mes de novembro que en Ourense ten gran tradición gastronómica coa celebración do San Martiño e os Magostos.

Esta edición de Xantar estará centrada na promoción da “Gastronomía dos Camiños”, de todos eles, desde o francés á Vía da Prata e, por suposto, do Camiño Portugués, xa que non hai que esquecer que Portugal tivo sempre un peso moi importante no salón, aumentando cada ano a cantidade de expositores e visitantes que acoden a esta cita.

Outra das novidades do salón é a súa adaptación ao formato híbrido. As actividades que Xantar organiza cada ano como talleres de cociña en directo, catas comentadas ou presentacións de destinos enogastronómicos, poderán seguirse este ano de modo presencial desde o recinto de Expourense (como sempre) e tamén en liña desde calquera parte do Mundo. Este novo formato facilitará a participación internacional, iberoamericana sobre todo, na próxima edición da feira.

¿Estás interesado en ser expositor de Xantar?

Puedes ver más información sobre las modalidades de participación como expositor en Xantar

Xantar es la única Feria Internacional de Turismo Gastronómico. Con una trayectoria de 20 años poniendo en valor los productos agroalimentarios de calidad, la elaboración y el servicio profesional, se ha convertido en un referente para los destinos enogastronómicos más punteros, tanto de España como de Portugal.

Síguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org