Xantar 2021 quere posicionarse como o gran reencontro dos profesionais da enogastronomía, a hostelería e o turismo da Península Ibérica
>> A 22ª edición do Salón Internacional do Turismo Gastronómico celebrarase en Expourense entre o 3 e o 7 de novembro e estará centrada na “Gastronomía dos Camiños”
>> Unha veintena de expertos participaron esta mañá na primeira reunión virtual do comité asesor que poido coñecer as principais novidades da feira
Ourense, 23/09/2021.- Xantar 2021 celebrarase co obxetivo de converterse nun gran reencontro para os profesionais da enogastronomía, o turismo e a hostelería da Península Ibérica, contando tamén coa presenza de países de América Latina. A 22ª edición do Salón Internacional do Turismo Gastronómico celebrarase en Expourense entre o 3 e o 7 de Novembro e estará centrada na Gastronomía dos diferentes camiños a Santiago. Este cambio de datas ao segundo semestre do ano e nun mes moi especial para a gastronomia ourensá coa celebración do San Martiño e os Magostos, é unha das novidades desta edición que quere servir como punto de inflexión que supoña a volta a normalidade e que contribúa a promocionar internacionalmente a Galicia como un destino enogastronómico seguro e excelente nun momento tan especial como o dobre Ano Xacobeo 2021 e 2022.
Esta mañá celebrábase de forma virtual a primeira reunión do comité asesor de Xantar 2021 na que participaron unha veintena de expertos de Galicia, Asturias e Portugal. Da man do director da feira e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, poideron coñecer a situación actual da organización da feira que conta coa comercialización moi avanzada e sen apenas metros libres. O director presentou as novidades desta edición que ofrecerá unha experiencia única e segura ao visintante e que quere converterse en motivación turística para ser a captación de viaxeiros a Ourense “que poderían vir á cidade para visitar Xantar e comer aquí pero despois visitar, comprar, cear e pernoctar na cidade”, tal e coma explicou Rogelio Martínez.
As novas restriccións que conleva a pandemia levaron á organización e a Xantar a reducir a 8 o número de restaurantes (entre eles os de INORDE, Sabores de Ourense e BOAGA-Razas Autóctonas cuxos representantes participaron nestra primeira reunión do comité) e a dúas as aulas gastronómicas que serán agora moito máis amplas para garantir a seguridade do visitante e no que se impartirán, entre outras, actividades coordinadas pola Consellería do Mar, pola Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria-AGACAL da Conselleria de Medio Rural, por Porto e Norte e pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos-ANFACO.
No referente ás accións profesionais, organizaranse as xa habituais inluidas no 16ºEncontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sostible que contemplan a realización de obradoiros de cociña en directo a cargo de prestixiosos chefs e con produtos autóctonos de calidade; o Encontro Internacional de Confradías Gastronómicas e Enófilas ou o Concurso de Cociña patrocinado polo Grupo Cuevas, entre outros. Celebrarase tamén unha nova edición do Workshop de Comercialización de Turismo Gastronómico coa participacón de touroperadores e organizarase por primeira vez unha misión con distribiudores internacionais de produtos agroalimentarios.
Esta edición de Xantar estará centrada na promoción da “Gatronomía dos Camiños”, de todos eles,dende o francés da Vía da Prata e, por suposto, do Camiño Portugués, xa que non hai que esquecer que Portugal tivo sempre un peso moi importante no salón, aumentando cada ano a cantidade de expositores e visitantes que acuden a esta cita. Santiago é o final do Camiño para o peregrino, pero este doble ano Xacobeo simboliza tamén o principio da reactivación do sector turístico en Galicia e dende Xantar non se quere deixar pasar esta oportinidade para posicionar esta comunidade coma un destino seguro que ofrece todo o que o turista post-COVID busca e precisa.
Comité asesor
Expourense convocou aos membros do comité asesor de Xantar composto por expertos de distintos ámbitos como o turismo, a enogastronomñia, a hostelería, sanidade, industria conservera etc. Dirixida polo director de Xantar, Rogelio Martínez, acudiron a este encontro virtual o vicepresidente da Deputación de Ourense e presidente do INORDE, Rosendo Fernández; a concelleira de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, Flora Moure; o secretario xeral de Educación e Formación Profresional José Luis Mira; a responsable de Comercio Internacional de ANFACO, Felicidad Fernández; a xefa territorial de Sanidade en Ourense, Laura López; a xefa de servizo de AGACAL, María José González; o xefe de Servizo da Dirección Xeral de Pesca, Ramón Fernández; o presidente da Federación de Hostelería de Ourense e vocal do Clúster de Turismo de Galicia, Ovidio Fernández; a decana da Facultad de CC. Empresariales y Turismo del Campus de Ourense, Montserrat Cruz; la técnico de la Entidad de Turismo Porto e Norte, Cristina Mendes; o presidente do CRDO Ribeiro e director da EVEGA, Juan Manuel Casares; la técnico del CRDO Monterrei, Natalia González; la presidenta de la Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez; o delegado de Xantar en Portugal, Antonio García; o representante da Federación de Cofradías FECOGA, Carlos Guardado e la directora adjunta de la Federación de Razas Autóctonas-BOAGA, Silvia Adán.
¿Estás interesado en ser expositor de Xantar?
Puedes ver más información sobre las modalidades de participación como expositor en Xantar
Xantar es la única Feria Internacional de Turismo Gastronómico. Con una trayectoria de 20 años poniendo en valor los productos agroalimentarios de calidad, la elaboración y el servicio profesional, se ha convertido en un referente para los destinos enogastronómicos más punteros, tanto de España como de Portugal.
Síguenos
+34 988 36 60 30
info@xantar.org