Setúbal, “Terra de Peixe”, repite presenza en Xantar

Despois da boa acollida pola parte do público asistente na última edición de Xantar, o municipio portungués de Setúbal confirma por segundo ano consecutivo a súa presenza no Salón Internacional do Turismo Gastronómico que se celebrará en Expourense entre o 3 e o 7 de Novembro

Malia ser coñecida mundialmente polas súas famosas praias (Figueirunha é simplemente un exemplo), Setúbal é “a terra do peixe” por excelencia convertindo ao pescado nun dos seus atractivos turísticos coma o é tamén o Mercado do Livramento, un dos máis famosos mercados de pescado do mundo según o USA Today e que precisamente o próximo 31 de xulio cumprirá 145 anos de Historia. Alí pódense atopar todos os ingredientes que fan desta cidade unha marabilla gastronómica: o pescado e o marisco máis frescos e tamén unha ampla variedade de froitas e legumes, pan e mel de produtores locais. Os viños, premiados internacionalmente, con énfase en Moscatel, e os doces, así coma o famoso queixo Azeitao, tamén gañan un lugar destacado na gastronomía da rexión.

Situada a preto de 40kms ao sur de Lisboa (a capital portuguesa), Setúbal é coñecida pola súa ubicación natural única, xa que vive entre o Estuario de Sado e a súa comunidade de delfíns, a natureza ancestral da Serra da Arrábida e as súas praias paradisíacas localizadas nunha das baías máis fermosas do mundo.

A cidade naceu do río e do mar e a presenza humana remóntase á Prehistoria. Durante a ocupación romana foi un dos principais centros de preparación e exportación de derivados de pescado –  os vestixios das fábricas de salazón poden verse aínda hoxe en día.

As opcións relacionadas coa gastronomía multiplícanse para o turista en Setúbal podendo comer nun dos restaurantes típicos de pescado asado descubrindo cómo pescado, sal e carbón poden ter sabores únicos. Pode deleitarse na cultura do mar e a pesca visitando o Museo do Traballo Michel Giacometti e bucear nas augas limpas nunha das magníficas praias, recorra unha senda na Serra da Arrábida e termine o día con marisco fresco na mesa.

Dende 2012 o municipio leva desenvolvendo un plan concertado de pronoción e valoración das actividades relacionadas co mar. Este plan serve de base para o desenvolvemento do sector da restauración, os resultados científicos  e económicos do pescado da costa setubalense e a divulgación da idenidade da rexión do Sado. A marca Setúbal Terra de Peixe está presente de forma constante nas accións de promoción turística, principalmente en festivais gastronómicos, obradoiros, cociña en directo e coloquios. Os festivais gastronómicos teñen lugar en periodos específicos do ano, según a época das diferntes especies de pescado: Semana da Ostra, do Choco, da Sardiña, Xurel, Caballa, Salmonete…

¿Estás interesado en ser expositor de Xantar?

Puedes ver más información sobre las modalidades de participación como expositor en Xantar

Xantar es la única Feria Internacional de Turismo Gastronómico. Con una trayectoria de 20 años poniendo en valor los productos agroalimentarios de calidad, la elaboración y el servicio profesional, se ha convertido en un referente para los destinos enogastronómicos más punteros, tanto de España como de Portugal.

Síguenos

+34 988 36 60 30

info@xantar.org