País convidado
No ano 2007 Xantar incorporou a figura especial de “país convidado” incorporando ao salón a participación de gastronomías de fora da Península Ibérica, sobre todo procedentes de América Latina. Isto supuxo engadir a cooperación iberoamericana á xa tradicional cooperación transfronteriza con Portugal, presente dende a primeira edición. Trátase dunha iniciativa que ten moi boa acollida por parte do público asistente e unha gran repercusión entre os medios de comunicación.
A condición de país convidado en Xantar conleva converterse no eixe central da comunicación da feira, protagonizando a meirande parte das mensaxes, así coma outras accións transversais do proxe0cto. Todo elo supón una boa promoción dun destino dende un evento que é seguido por numerosos medios de comunicación, tanto xeralistas como especializados en Turismo e Gastronomía.
Portugal, Panamá, Costa Rica, Cuba, Perú, Francia, A Arxentina, Illas Azores, México e Brasil participaron xa como países convidados promocionando os seus recursos turísticos e gastronómicos a través de: restauración, stand, degustacións, catas, obradoiros e folclore.
País convidado en Xantar
A Nosa historia
2007
México
Representado pola Feira Internacional de Gastronomía de Guadalajara (Estado de Jalisco)
2008
Portugal
País presente dende a primeira edición
2009
Argentina
Co apoio do INPROTUR e da FEHGRA
2010
Galicia
Edición especial Ano Xacobeo
2011
Francia
Representado por Quimper, cidade irmandada coa de Ourense
2012
Islas Azores
Como convidado destacado de Portugal
2013
Perú
Representado polas Municipalidades de Ate y Carabayllo, na provincia de Lima
2014
Cuba
Participación froito da colaboración entre o Ministerio de Turismo de Cuba e Expourense, coa intermediación da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta
2015
Costa Rica
Participación impulsada pola empresa de auga mineral “X-PINNER WATER” que conseguiu o apoio da Cámara Costarricense de Restaurantes e Afins (CACORE) e do Instituto Costarricense de Turismo (ICT)
2016
México
Representado polo Estado de Morelos
2017
Panamá
Coa colaboración da Autoridad de Turismo de Panamá e do Clube Gastronómico de Panamá
2018
Portugal
Recoñecemento ó país presente en todas as edicións de Xantar
2019
Brasil
Representado pola Prefeitura de Foz do Iguaçu
2020
Galicia
Edición especial de apoio da Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade.
Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Cunha traxectoria de 25 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.
Séguenos
+34 988 36 60 30
info@xantar.org